Sondeos Río Ulla, S.L. nace no ano 1986, pero con anterioridade a esta data os seus creadores contaban con experienza en excavación e perforación. Baixo a crecente demanda no campo da captación de agua nace esta empresa, que aportará solucións a un gran número de clientes, ata que a principios da década dos 90 diversifícase e comeza a experimentar coa perforación horizontal.
Os comezos foron duros e realizáronse numerosas obras con máquinas adaptadas pola propia empresa. A mediados dos 90 incorpóranse equipos específicos para a realización de perforacións horizontais.
Actualmente Sondeos Río Ulla, S.L. pódese considerar coma unha das empresas con maior experienza e maquinaria na zona noroeste da península.
O seu gran afán de innovación fai que adquira dos equipos de alta tecnoloxía no campo da perforación horizontal a principios do novo milenio, que servirán para introducirse a fondo nesta nova actividade.
Hoxe en día, trátase duhna empresa capacitada para dar solucións a case todo tipo de perforacións tanto vertical (pozos de barrena, xeotecnia, micropilotes, postas a terra) coma horizontal (topos ata 800 milímetros de diámetro, perforación horizontal dirixida, drenaxes californianos, captacións de auga horizontais, desaugues de edificios, etc.).
Tamén conta cun equipo para a instalación e o mantemento dos equipos de bombeo de augas, instalando unha das marcas lideres no mercado.
Así pois, se vostede cree que precisa dos nosos servicios non dude en consultarnos e intentaremos dar solución a cualquera que sexa o seu problema ou duda no campo da perforación.
|